lunes, 21 de diciembre de 2009

LATÍN 4º ESO - Los niños romanos van a la escuela...


 
FECHA LÍMITE: lunes 11 de enero de 2010

LATÍN I - Las causas del invierno segun la mitología grecorromana.




  1. cum...quareret: “al buscar”
  2. qui: pron. relativo en función de sujeto
  3. cum: conjunción temporal “cuando”
  4. ut: conjunción completiva “que”

FECHA LÍMITE: lunes 11 de enero de 2010

GRIEGO II - Texto: "Acusaciones contra Sócrates"



GRIEGO I - Los dioses de los griegos

FILOSOFÍA II - Cristianismo e filosofía.

A filosofía cristiá será o resultado dun intento de sínteses entre as verdades reveladas pola nova relixión e os dous supostos fundamentais da tradición filosófica grega:
  1. a intelixibilidade natural do mundo, o mundo pode ser comprendido na súa plenitude
  2. a razón como facultade principal do coñecemento, o instrumento para coñecer a realidade é o intelecto.
Non se debe esquecer que o cristianismo non é unha filosofía, porque os coñecementos que achegan proveñen dunha autoridade fóra da razón humana. Ademais segundo avanzaba o Imperio Romano o saber filosófico tradicional tinguíase de aptitudes e conceptos relixiosos.

Podemos falar de filosofía cristiá desde o momento en que algúns cristiáns utilizaron a filosofía grega con fins apoloxéticos que favorecesen a difusión da nova relixión. Esos primeiros cristiáns son os chamados Pais da Igrexa, e así a primeira filosofía cristiá chámase Patrística: A revelación cristiá é a culminación natural do saber filosófico (vid. O coñecemento en Agostiño). Ábrense así, para os filósofos, novos temas para a reflexión, por exemplo, a creación, a continxencia do mundo, a espiritualidade do home humano.
A filosofía patrística atopou fundamentalmente 3 correntes filosóficas asentadas na súa época:
  1. O neoplatonismo, en principio o máis atractivo para o cristianismo, pola distinción entre o mundo das ideas e o mundo sensible, ao queréndose identificar o sobrenatural, o divino, a salvación eterna co mundo das ideas. Un dos seus representantes máis famosos foi Hipatia de Alexandría.
  2. O aristotelismo, que era máis difícil de cristianizar polo seu empirismo e “materialismo”.
  3. O estoicismo, foi unha filosofía ética posterior a Platón. Un dos seus principais representantes foi Séneca, que propugnaba o dominio da razón sobre as inclinacións naturais do home, en contra do hedonismo, ou epicureístas, que afirmaban que o fin do home era a felicidade nos praceres.
Platón, Séneca y Aristóteles
Glasgow University Library

A filosofía patrística pódese dividir en 3 períodos:
  1. Período de formación ata o concilio de Nicea no 325. Neste período haberá dúas correntes claramente enfrontadas, unha benevolente coa cultura e filosofía grega e outra contraria que é a que menos fortuna tivo.
  2. Período de apoxeo que vai desde o concilio de Nicea ata a segunda metade do século V.
  3. Período de decadencia que no imperio de Oriente chega ata o século VIII, mentres que en Occidente chega ata a metade da Idade Media, como mínimo ata o XIII.