“Non hai ningún deleite maior para o espírito que a lectura dos clásicos antigos, tan pronto como un toma na man a calquera deles, séntese ao momento refrescado, alixerado, purificado, elevado e fornecido”
A. Shopenhauer, filósofo alemán do sec. XIX.
“Nada hai máis admirable có home” di ´Sófocles en Antígona. “Nada hai máis admirable có home grego”, engadimos nós.
Ánthropos é o pai de toda a nosa cultura porque foi o primeiro en preguntarse ónde vivía, quén era; o primeiro que puxo a súa alma diante dun espello, o que, emocionado e sorprendido, díxose “coñécete a ti mesmo”.
El viu a Zeus co seu raio no ceo, a Poseidón co seu tridente no mar axitando a terra, a Apolo coa súa lira tocando doce música, esa mesma coa que Orfeo amansa ás feras. E mentres Dioniso fai teatro, Ariadna (Aracne) tece seu tela...
O reflexo daquel espello somos nós mesmos. Somos nós os que presumimos de sufrir tanto como Odiseo (Ulises) cando sufrimos unha “Odisea” cara á nosa meta; somos nós quen vemos ao heroe Aiax xogar ao fútbol en Amsterdam ou ao seu irmán Teucro ao balonmán en Pontevedra, a Hércules construír un poste na Coruña ou darlle patadas a un balón en Alicante, ou a Aquiles caer por culpa do seu talón...
Aquel home grego que un día decidiu coñecerse a si mesmo chámanos a través do espello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario